Paco Martín, pioneiro

Na pasada edición do Festigal, a Editorial Galaxia celebrou un acto arredor de Ramón Lamote, o entrañable personaxe creado por Paco Martín. De seguido, reproducimos as palabras de Xavier Senín, toda unha homenaxe ao labor pioneiro que, para a Literatura Infantil e Xuvenil galega, desenvolveu Paco Martín. —————————————————— Ramón Lamote abre as portas do mundo […]

Un agosto literario

Durante este verán, Editorial Galaxia ten previstos unha serie de actos literarios, tanto no marco da Feira do Libro da Coruña como fóra dela. ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DA CORUÑA – Sábado 1 de agosto, ás 19.30 h. Presentación de O Museo da Inocencia, de Orhan Pamuk. Conversa arredor das novidades traducidas para o […]

Contos azuis

¿Que fai un especialista en Toponimia de Galicia escribindo un libro para mozos?, podería preguntar quen colla nas mans este "Contos azuis" que estes días chegará ás librerías de Galicia da man de Galaxia e na colección Árbore 12 anos. Aínda que a verdadeira pregunta debería ser: ¿que fai un especialista en Toponimia de Galicia […]

Un home que cumpriu co seu deber

Onte, no Museo Verbum-Casa das Palabras de Vigo, inaugurouse a mostra homenaxe a Ramón Piñeiro 'Olladas no futuro' que despois do seu arranque o pasado mes de Maio en Lugo está a percorrer as principais cidades galegas. Interviu en primeiro lugar o director do museo, Rosendo Covelo, quen definiu a Piñeiro como "un dos homes […]

No 25 de Xullo, Galicia.

Como cada 25 de Xullo -data fundamental para Galaxia pois un día coma ese do ano 1950 nacía este proxecto editorial- reflexionamos sobre o que somos, sobre o que fomos e sobre o que queremos ser. O País enteiro ínzase de verbas de amor á patria e da necesidade de coidar o que nos significa […]

Luz Pozo Garza, premio Ramón Piñeiro 'Facer País'

Luz Pozo Garza foi a gañadora da oitava edición do premio Ramón Piñeiro 'Facer País', que promoven a Asociación Val de Láncara e outras agrupacións culturais de Sarria e do val do Neira, xunto co Concello de Láncara, o Club Unesco-Sarria e o colexio publico Ramón Piñeiro. A escritora lucense foi seleccionada por un xurado […]

Finou Antonio Pérez Prado

Hoxe todos os medios de comunicación galegos coinciden unanimemente no lamento pola morte do intelectual galeguista Antonio Pérez Prado (1926), un home que foi ponte, e casa amable de acollida, dende Buenos Aires, de persoeiros como Blanco Amor, Luis Seoane, Dieste, Lorenzo Varela ou Neira Vilas, así como con outros fillos de Galicia en tempos […]

Monicrequeando en galego, por que non?

Bocaberta é o novo programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega nas franxas máis novas. Trátase dun ambicioso programa de actividades, que se desenvolverán coa colaboración das principais editoriais en preto de 300 concellos de toda Galicia, dirixidas a nenos e mozos […]