Un agosto literario

Categoría: Nova

Durante este verán, Editorial Galaxia ten previstos unha serie de actos literarios, tanto no marco da Feira do Libro da Coruña como fóra dela.

ACTOS DE GALAXIA NA FEIRA DA CORUÑA
– Sábado 1 de agosto, ás 19.30 h. Presentación de O Museo da Inocencia, de Orhan Pamuk. Conversa arredor das novidades traducidas para o galego por Editorial Galaxia.
Participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Xoán Abeleira, tradutor e poeta, Xesús Fraga, xornalista e tradutor, e Luz Corral, directora das Bibliotecas Municipais de Oleiros.

– Luns 3 de agosto, ás 20.00 h. Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Xerais e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado por Galaxia.
Participan Manuel Bragado, Víctor F. Freixanes e Xesús Alonso Montero.

– Martes 4 de agosto, ás 20.00 h. Editorial Galaxia presenta o libro A cociña de Larpeiros, de Benigno Campos.
Participan Xulio Amigo, Telmo Rodríguez, director do blog Intergourmet, e Benigno Campos.

– Mércores 5 de agosto, ás 21.00 h. Editorial Galaxia presenta os últimos títulos da colección Árbore Os Duros. Participan Xosé A. Neira Cruz e os autores e ilustradores dos libros: María Lires, Alberto Varela Ferreiro, Margarita Ledo, David Pintor, Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.

– Xoves 6 de agosto, ás 18.00 h. Actividade teatral para nenos con Heidi Kühn-Bode e o seu libro Falou un queixo, publicado por Editorial Galaxia.
Participan Yolanda Castaño e Heidi Kühn-Bode.

– Xoves 6 de agosto, ás 20.00 h. Editorial Galaxia presenta o novo libro de Carlos Mella, Memorias dun ninguén.
Participan Víctor F. Freixanes, Xosé Luís Barreiro Rivas e Carlos Mella.

– Sábado 8 de agosto, ás 19.00 h. Contacontos de Yolanda Castaño e debuxos de Xosé Tomás arredor do seu libro Cando eu saiba ler, publicado por Editorial Galaxia.

OUTROS ACTOS DE GALAXIA DURANTE O MES DE AGOSTO

– Luns 10 de agosto, ás 20.00 h, presentación do libro CAMIÑANTES, de Marcelino Agís Villaverde. Nauta, Caixa Galicia. Real Club Naútico. Sanxenxo

– Venres 14 de agosto, ás 20.00 h, presentación do libro FAÍSCAS, de María Canosa. Feira do Libro de Cee

– Mércores 19 de agosto, ás 20.00 h, Domingo Villar asinará exemplares do libro A PRAIA DOS AFOGADOS. Librería Nós, Sanxenxo.

– Domingo 30 de agosto, ás 12.00 h, presentación do libro A COCIÑA DE LARPEIROS, de Benigno Campos. Praza dos Libros. Xardín Municipal, Carballo

Compartir na redes sociais: