As librerías: moito máis que tendas

Con verdadeira consternación recibimos a nova do peche da histórica librería pontevedresa Michelena. Probablemente, unha das librerías de fondo máis importantes do país que, coa súa desaparición nos deixa a todos, vivamos ou non na cidade do Teucro, un chisco orfos de palabras e de libros. O peche dunha librería é sempre unha moi mala […]
Carta dos editores

Na cornixa noroeste da península ibérica, dentro do Estado Español, lindeira con Portugal, Galicia é unha vella cultura de Occidente. Cultura e literatura, con dúas linguas oficiais (galego e castelán), mais cunha "lingua propia" (a lingua galega), recoñecida como tal no Estatuto de Autonomía de Galicia (1981). En lingua galega exprésase, dende hai case oitocentos […]
'Musicontos' para o Día Europeo da Música

Hoxe celébrase en toda Europa, con actos en moitas cidades, tamén nas galegas, o Día Europeo da Música, unha xornada para celebrar a pluralidade cultural baseada nos principios da diversidade musical -pois todos os tipos e xéneros de música poden estar representados-, amplia participación -con apertura a toda clase de grupos e intérpretes- e gratuidade […]
Presentación de AUTONOMÍA E MODERNIDADE EN GALICIA

Presentación deste libro colectivo coordinado por Ceferino Díaz, unha análise dos cambios económicos e sociais entre 1981-2009. No acto participarán Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, os autores Antón Baamonde, Xerardo Estévez, María Xosé Rodríguez Galdo, Manuel González, José Luis Rodríguez Pardo, e o coordinador, Ceferino Díaz. Porque xa transcorreu tempo abondo para valorar […]
Presentación de A GALICIA DE MONTEVIDEO

Manuel Losa presenta o seu novo libro, 'A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal (1897-1985)'. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes e María Xosé Gómez, Concelleira de Cultura do Concello de O Pino. Nesta nova o autor, ao tempo que repasa a vida a vida deste emigrante ao Uruguai e o seu fundamental […]
Basilio Losada cumpriu 80 anos

O último día da primavera, o 20 de xuño, cumpría 80 anos Basilio Losada, referente esencial de todo o que teña que ver con Galicia e coa súa literatura, escritor, estudoso, profesor e, sobre todo, traballador incansable, dende as afastadas, xeograficamente, só así, terras catalanas, dende as que, dende hai moitísimo tempo, exerceu a docencia […]
Na noite máis meiga do ano

Poucas noites como esta suscitaban tanta ilusión na infancia como a Noite de San Xoán, xornada meiga entre todas as outras noites posibles, significados ocultos no lume que só dende a fantasía se poden desvear. Para moitos cativos esta noite implica unha especie de rito de paso que os iguala aos adultos; para os grandes, […]
Xosé Ramón Barreiro, premio Trasalba 2010

O historiador e académico Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG) ata o pasado mes de xaneiro, é o galardoado co Premio Trasalba 2010, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento á aportación de distintas figuras á cultura galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que se […]