Hoxe celébrase en toda Europa, con actos en moitas cidades, tamén nas galegas, o Día Europeo da Música, unha xornada para celebrar a pluralidade cultural baseada nos principios da diversidade musical -pois todos os tipos e xéneros de música poden estar representados-, amplia participación -con apertura a toda clase de grupos e intérpretes- e gratuidade das actuaciones. Esa é a filosofía básica dunha celebració ben fermosa.
En Editorial Galaxia temos acometido nos últimos tempos esforzos importantes co fin de traer a música clásica cara os máis pequechos, pois eles son o futuro, tanto da lectura como do gusto da música. Así naceu a colección 'Musicontos' que, polo de hoxe, ten tirado do prelo tres textos escritos por Xosé A. Neira Cruz ('O prodixio dos zapatos de cristal', 'O debut de Martino Porconi' e 'Un bico de amor e vida') acompañados da música interpretada pola Real Filharmonía de Galicia.
Que esta xornada sexa musical para todos.