Poucas noites como esta suscitaban tanta ilusión na infancia como a Noite de San Xoán, xornada meiga entre todas as outras noites posibles, significados ocultos no lume que só dende a fantasía se poden desvear. Para moitos cativos esta noite implica unha especie de rito de paso que os iguala aos adultos; para os grandes, esta é noite para recomenzar, na que se entende que o lume purifica e que hai cousas que é mellor deixar arder nas labaredas salvadoras da fogueira. E noite tamén para pedir desexos de amor, de saúde e, quizais (a crise, xa saben) máis cá nunca, diñeiro. Sexa o que for, é unha noite para xogar a que todo volve comezar. Arredor do lume ou das sardiñas.
Feliz noite meiga para todos e para todas.