'O diario de Carlota' chega ao cine

Un dos títulos emblemáticos da colección Costa Oeste, 'O diario vermello de Carlota' de Gemma Lienas, chega o mes que vén ás salas de cine de toda España nunha película protagonizda por Andrea Ros, Lorena Mateo e Maxi Iglesias, actores coñecidísimos grazas ao seu traballo en distintas series da televisión no estado español. A fita […]
Por unha defensa da identidade galega

Onte, na Casa Grande de Cimadevila, nas terras de Otero Pedrayo, o historiador Xosé Ramón Barreiro recibiu o Premio Trasalba 2010 cunha defensa da galeguidade e suliñando que só dende a profunda consciencia de aceptar e defender quen somos poderemos seguir sendo algué no futuro. Nun discurso emocionado, o historiador agradeceu o premio entregado pola […]
Os libros prestados

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia (e de feito foi un dos libros máis solicitados no recente Festigal), o novo libro de Xabier López López. 'Os libros prestados' é o título dun mollo de relatos nos que libros, lectores e literatura teñen moito que contar. Daquela, libro sobre libros, ou non, […]
Lembranza de Luís Seoane

Cúmprense cen anos do nacemento de Luís Seoane en Buenos Aires, fillo de emigrantes galegos. Celebramos os nacementos, non as defuncións. Unha das figuras máis sobranceiras da arte contemporánea e da creación galega en xeral: editor, poeta, autor dramático, escenógrafo, ilustrador, pintor, deseñador gráfico, xornalista, radiofonista, empresario, planificador cultural, narrador, ensaísta, estratega, soñador… Luís Seoane […]
Presentación en Arzúa de NUNCA TE VIN CHORAR

O escritor Miguel Suárez Abel continúa coas presentacións da súa última novela, 'Nunca te vin chorar'. Hoxe o acto será en Arzúa e estará acompañado por Xosé Luís García, Concelleiro de Cultura do Concello, e Armando Cascón, director de Radio Arzúa. Con este novo acto, a novela de Suárez Abel segue percorrendo o país ao […]
Homenaxe a Anisia Miranda

No marco da décima Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas de Piloño, en Vila de Cruces, celebrouse o pasado domingo unha homenaxe póstuma á escritora Anisia Miranda, que fora tamén compañeira de Xosé Neira Vilas. Amigos e escritores gabaron a súa obra e lembraron fitos esenciais da súa vida. O momento máis fermoso, sen dúbida, […]
Brais e os demais

O escritor Manuel Darriba, recentemente galardoado como poeta, publica en Árbore 10 anos, 'Brais e os demais', a historia dun cativo que, a pesar de só ter nove anos, fai xa cousas de máiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, a quen todo chama a atención. O […]
Xa é posible mercar eBooks dende a web de Galaxia

Dende onte 15 de xullo de 2010, xa é posible mercar os eBooks da Editorial Galaxia directamente dende a súa web (http://www.editorialgalaxia.com). Deste xeito, 72 títulos da literatura galega de todos os tempos póñense ao alcance dun simple clic. Se dende hai unhas semanas comezaba o servizo da compra electrónica da revista GRIAL, dende hoxe […]