As librerías: moito máis que tendas

Categoría: Nova

Con verdadeira consternación recibimos a nova do peche da histórica librería pontevedresa Michelena. Probablemente, unha das librerías de fondo máis importantes do país que, coa súa desaparición nos deixa a todos, vivamos ou non na cidade do Teucro, un chisco orfos de palabras e de libros.
O peche dunha librería é sempre unha moi mala nova. Acontecemento traumático ao que non sempre, pensamos, a sociedade sabe darlle o valor que ten. Oprimidos por unha realidade atafegante que fai que esteamos pendentes doutra clase de actividades, non reparamos na traxedia que vive no feito de que unha librería que é referencial, sendo todas e cada unha delas moi importantes, decida botar o peche polos motivos que for.
Daquela, dende aquí, queremos render esta homenaxe en forma de palabras a Michelena, ao que representou e ao que siguen a representar os libreiros e libreiras deste país, empeñados, coma tantos, en deitar libros e luz sobre Galicia.

Compartir na redes sociais: