"Tender a man" con Uxío Novoneyra

"Tender a man" naceu coma un colectivo para espallar a poesía a través de novas linguaxes: a música, a danza, a recitación dos textos. Coincidindo coas celebracións da Real Academia Galega en Seoane do Courel, en homenaxe ao autor de "Os eidos" e "Do Courel a Compostela", o grupo presentou a súa última produción. Forman […]

'A elegancia do ourizo' sorprende tamén en galego

'A elegancia do ourizo' vén de chegar ás librerías de Galicia na súa segunda edición. Un éxito, o da novela de Muriel Barbery, que é similar, na nosa lingua, ao que está a ter esta novela no resto de Europa onde, dende o instante da súa aparición, sorprendeu a público e crítica. Esta sensación refrendouse […]

Miguel Anxo Fernández recibiu o Ramón Cabanillas

Nun emotivo acto, o escritor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández recibiu o VII Premio Ramón Cabanillas, que conceden as librerías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados. Na foto podemos ver ao Catedrático Francisco Fernández Rei no instante da entrega ao escritor galardoado. No noso blog podes ver unha completísima fotogalería de todo o […]

'Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim'

Made in Galiza, o libro de Séchu Sende que recibiu o Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2007, foi presentado o pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Kurdistán da man da prestixiosa editorial Avesta, co título: Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, "Nin en soños vou […]

A COCIÑA DE LARPEIROS en Ponteceso

O xenial cociñeiro Benigno Campos estará esta fin de semana polas terras de Ponteceso para falar do seu libro A cociña de Larpeiros, unha das grandes sorpresas editoriais dos últimos anos na nosa terra. Para o acto contará coa colaboración dun dos grandes da nosa literatura como é Xabier Puente Docampo. Unha fin de semana, […]

Entrega do Pedrón de Ouro a Camilo Nogueira

O enxeñeiro, economista e político nacionalista Camilo Nogueira (Vigo, 1936) recibirá o Premio Pedrón de Ouro 2010, concedido polo padroado da Fundación Pedrón de Ouro. Trátase dun galardón que distingue a unha personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que teña destacado na defensa e promoción da cultura nacional durante o último ano ou […]

Presentación de 'As novelas da memoria' en Ferrol

Este martes, organizado pola Galería Sargadelos e a A.C. Fuco Buxán, presentarase o libro "As novelas da memoria" de John Tompson editado por Galaxia. O acto dará comezo ás 20 horas coa participación de Xosé Manuel Sarille,escritor e fundador da Mesa pola normalización lingüística,Manuel Cendán,membro da Asociación Fuco Buxán e tamén o autor.

Presentación en Pontevedra de PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA

Este mércores terá lugar, nas instalacións de Caixanova na cidade do Teucro, do libro de Victorino Pérez Prieto, 'Prisciliano na cultura galega'. Este acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Eduardo López Pereira, Catedrático da UDC, Rubén Aramburu, cura e escritor, e o autor. O libro supón un completo percorrido […]