Antón Lopo presenta A DISTANCIA DO LOBO

Antón Lopo presenta a súa biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010, A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra. Con esta nova publicación, Editorial Galaxia continúa dando a coñecer ao público galego a vida e obra do poeta de Compostela. No acto da feira de Santiago, Lopo estará acompañado por Carlos Lema, director […]
OS MAIOS

Editorial Galaxia está presente na tradicional celebración dos Maios organizada polas asociacións culturais de Vigo con este divertido libro en formato acordeón e as sesións de contacontos para os máis pequenos de Ana Carreira. Velaquí os horarios para asistir a estas contadas: – Venres 7 de maio, ás 17.00 h, na Asociación cultural de Teis, […]
A poesía como "Acusación"

A carpa do paseo central da Alameda acolleu a presentación do novo poemario de Xiana Arias Rego, a quen acompañaron os tamén poetas Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Manuel Darriba, escritor e xornalista. Foi un acto emotivo, intenso, entre amigos que escoitaron atentos as palabras e os silencios de Xiana, marcada a […]
Presentación en Vigo de A ABELLA ABESULLONA

O autor estará acompañado por Francisco Castro, coordinador de novos proxectos de Editorial Galaxia, Rosa López Pimentel, directora do Colexio Martín Códax, e o escritor Antonio García Teijeiro. Será hoxe, ás 20.00 h, na Fundación Carlos Casares, en Vigo (rúa Elduayen, 36-2º). É este un un libro sobre unha abella disposta a pasar á historia […]
UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO

A presentación será mañá xoves, ás 20.00 h, na Biblioteca Ánxel Casal, e contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Luís Díaz, delegado xeral de Galicia de Gas Natural Fenosa, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e membro do xurado do premio, Antón Baamonde, profesor de filosofía e ensaísta, […]
Presentado o II Concurso de Fotografía sobre Lactación Materna

A Casa do Libro de Vigo acolleu a rolda de prensa de presentación do II Concurso Fotográfico sobre Lactación Materna FEDEGALMA 2010, un certame aberto á participación de todos os interesados e que este ano leva por lema "Pen con pel no mundo". Ademais da Federación Galega de Apoio á Lactación Materna, colaboran no certame […]
As andoriñas que veñen da infancia

Hai unhas semanas, presentabamos en público 'A abella abesullona' un conto lindísimo que sae da fecunda -e poética- imaxinación de Manuel Janeiro. De seguido, reproducimos, pola súa beleza e interese (non exentas de retranca), as verbas do autor sobre o seu propio libro. "Preguntáronlle un vez a Martin Amis: "Que quixo dicir vostede neste libro?", […]
Que facer diante do poder

Nestes días chega ás librerías de todo o pais a obra 'Catro pezas' da dramaturga Caryl Churchill. Concretamente, as obras 'O sétimo ceo', 'Mozas de primeira', 'Lonxe' e 'De serie'. Dalgunha maneira, hai un fío condutor importante entre todas elas, e son as ganas de reflexionar arredor do poder, os seus mecanismos e o lugar […]