Inauguración en Vigo de NO NIÑO NOVO DO VENTO

Categoría: Nova

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia, e Fundación Penzol, coa colaboración do Concello de Vigo, presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro.
A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, está composta por 16 paneis nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Álvaro Cunqueiro. En 8 vitrinas preséntase unha seleccion bibliografica da súa obra galega e castelá ademais de traducións a linguas extranxeiras, unha pequena selección da súa obra xornalística, e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa vida. As vitrinas compleméntanse cun escollido fondo documental.
A mostra conta ademais cun espazo escenográfico realizado por Rodrigo Roel que recrea o estudio de Cunqueiro con figuras a tamaño natural do mago Merlín, e de Felipe de Amancia, personaxes da súa obra ‘Merlín e familia’. No aspecto audiovisual preséntanse distintos documentais sobre o autor, entrevistas e gravacións sobre montaxes de obras teatrais de Cunqueiro. Hai tamén dous puntos interactivos con informacion bio-bibliográfica.

Compartir na redes sociais: