Presentacións do libro CRIATURAS en Ourense e Vigo

Categoría: Nova

Un dos libros que máis está dando que falar nos últimos tempos é "Criaturas. Só lles falta falar!", vinte e cinco historias de animais e de persoas extraídas e contadas por Rocío González e Alfonso Pato, do programa da TVG do que son guionistas.
Nos actos de presentación (venres en Ourense: librería Internacional ás 19 horas; sábado en Vigo: Casa do Libro ás 18 horas) participará Juan Fuentes, condutor do espazo, quen saberá sen dúbida trasladarnos a todos os que por alí nos acheguemos á tenrura de animais aos que, en efecto, só lles falta falar.
"Criaturas. Só lles falta falar!", escrito por Rocío González e Alfonso Pato, presenta as vinte e cinco historias sobre o reino animal máis emocionantes e abraiantes das que puideron verse nos catro anos de existencia do programa "Criaturas", que se emite na TVG. A través desta selección coñeceranse polo miúdo as vivencias destes animaliños, describindo as súas emocións ademais de desvelar os grandes segredos de cada un deles e aspectos que no espazo non teñen cabida.
Cun formato moi visual e atractivo, "Criaturas. Só lles falta falar!" é un libro para toda a familia cunha presentación moi divertida, onde teñen cabida adiviñas, curiosidades de cada unha das especies, así como as historias máis persoais xurdidas dos vínculos entre as persoas e os animaliños.

Compartir na redes sociais: