Uderzo vaise

Hoxe a prensa mundial faise eco da retirada de Uderzo, o debuxante mundialmente famoso pola creación das historias de Astérix o Galo, en colaboración con Gosciny. Dende o pasamento deste último, Uderzo encargábase das dúas partes da creación e agora anuncia a súa retirada. Astérix chegou ao galego hai máis de trinta anos. Algúns dos […]

O deseño dos interactivos de Galaxia no Anuario de Creatividade Galega

Hai uns días presentouse en Compostela o anuario de Creatividade Galega, un colectivo de empresas e profesionais que aglutinan a creatividade publicitaria. Trátase dunha publicación que ten como obxectivo recoller as mellores pezas gráficas de Galicia e reunilas nun volume singular que pretende mostrarlle á sociedade, entre outras cousas, o alto nivel do deseño gráfico […]

Editorial Galaxia en Frankfurt

Editorial Galaxia participará, canda outras editoriais galegas, na Feira do Libro de Frankfurt, por volume e tradición, a cita máis importante do mundo do sector do libro. Na cita deste anos presentarase, o venres, "Folks from Here and There", a tradución de "Xente de aquí e de acolá", de Álvaro Cunqueiro, de quen se conmemora […]

Castelao en francés

Estes días chega ás librerías do mundo francófono, editado en Les Fondeurs de Briques, o libro de Castelao, orixinal de 1922, 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' en tradución directamente do galego de Vincent Ozanam. Para o seu traballo, o tradutor seguiu a edición publicada por Galaxia da obra dentro da Biblioteca Castelao que […]

Escoita 'Rosendo en Sabaxáns'

O concurso a través do facebook e do twitter que iniciamos hai agora unha semana arredor do libro coa biografía de Berrogüetto está funcionando moi ben e xa son moitos os textos recibidos. O xurado vaino ter difícil. Seguindo nesta liña de darvos a coñecer o libro 'Berrogüetto. O pulso da terra' escrito por Fernando […]

Presentouse ´Berroguëto, o pulso da terra'

A Cidade da Cultura foi escenario, o pasado venres, da presentación de 'Berrogüetto. O pulso da terra', a primeira biografía oficial do grupo, publicada no seu XV aniversario. Publicado por Galaxia e escrito polo xornalista e crítico musical Fernando Neira, o libro 'Berrogüetto. O pulso da terra' supón a primeira biografía sobre un dos grupos […]

Presentación da primeira biografía de Berrogüetto

Editorial Galaxia presenta o libro 'Berrogüetto: O pulso da terra', primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira e cun limiar de Manuel Rivas. Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide […]

Presentación de ONDE MERCAN OS LARPEIROS

Este martes, ao mediodía e no salón principal do Real Club Náutico de Vigo, presentaremos o libro, escrito por Tomás Alonso e Víctor López, 'Onde mercan os larpeiros'. Estamos diante dunha nova achega ao programa Larpeiros, despois da exitosa publicación dos dous libros de receitas do cociñeiro do programa Benigno Campos. Nesta ocasión, asistimos a […]