Actos de Galaxia hoxe na Feira da Coruña

Dúas novidades de Galaxia serán as protagonistas da xornada deste martes na Feira do Libro da Coruña. Por unha banda, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández estará a partir das 19:30 h asinando exemplares do seu último libro, a xa imprescindible biografía de Murguía. A continuación, ás 20:00 h, terá lugar a presentación da nova […]

Máis follas de outono

A semana pasada comezabamos a informar dalgunhas das novidades editoriais que Galaxia ten previstas para este derradeiro trimestre do ano. Falamos xa dabondo dos novos libros de Agustín Fernández Paz (Zeralda e o dragón), Xabier López López (Cando Artur non era rei) ou Santiago Lopo (Hora Zulú). No plano musical, dedicámoslle tamén espazo ao libro […]

Presentación de VERDE OLIVA, a nova novela de Xavier Alcalá

Tati Mancebo, Vicente Araguas e Víctor F. Freixanes acompañarán a Xavier Alcalá na presentación da súa última novela, Verde oliva, a historia dunha axente secreta galega durante a revolución cubana. A heroína de Verde oliva puido nacer en Cuba e criarse alí, desde sempre no ambiente que conduciría á rebelión contra Batista, mais, por cousa […]

Por que fracasou a reforma do estatuto?

Mañá xoves, ás 20:00 h, terá lugar na Biblioteca Ánxel Casal a presentación deste ensaio de Xoaquín Fernández Leiceaga, quen estará acompañado polo editor, Víctor F. Freixanes, e o expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. Este libro do deputado e profesor de Económicas Xoaquín Fernández Leiceaga ten intención de ser, en primeiro lugar, […]

"Verde oliva" na Feira da Coruña

Os primeiros días da revolución cubana e a ditadura de Batista como pano de fondo. Mariana, unha activista contra o ditador, filla de galegos, desencantada despois coa revolución de Fidel e os irmáns Castro. O mundo dos galegos emigrados. A sociedade cubana e habanera nos anos 50. Un relato apaixoante que, ao mesmo tempo, é […]

Unha Aula Virtual para un ensino do século XXI

A finais do curso pasado presentamos a Aula Virtual de Editorial Galaxia, unha ferramenta para complementar o ensino da lingua e literatura galegas. Daquela, amosabamos unha serie de mostras para que o profesorado e alumnado galego se fixese unha idea de como funcionaba. Agora, son xa moitos e moitas os que están a gozar desta […]

De volta. Con libros. E sen medo á crise

Dende hai algo máis dun ano, semella que a palabra "crise" é a única palabra que, fixa, ten que aparecer en calquera discurso que pretenda falar da actualidade. E tamén, dende que comezou este 2012, repítese que á volta do verán -ou sexa: xa- a situación vai ser terrorífica. O sector cultural, especialmente castigado por […]

Presentación de DA MÁQUINA en Vigo

Este venres, no centro socio-cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Tercio de fóra, 11-baixo A), o escritor Alberto Lema presenta a súa última novela, Da Máquina. Xunto o autor van intervir Carlos Lema, Iago Castro e Francisco Sampedro. A novela, como é clásico na creación literaria, parte dunha pregunta que lle dá orixe: Que pasaría […]