Xavier Alcalá participa na Feira Internacional do Libro de Miami

Xavier Alcalá vai asistir á Feira Internacional do Libro de Miami para presentar a súa última novela, Verde oliva, baseada na biografía real dunha axente doble durante a Revolución que levou a Castro ao poder. A novela vén de ser publicada por Galaxia en galego, e pola editorial Nowtilus en castelán. O escritor Xavier Alcalá […]
Mamá Cabra ultima o seu novo traballo

O calor, impertinente, impenitente, ás veces cruel, pero sempre cómplice, non evitou onte que os compoñentes do grupo de música infantil Mamá Cabra, máis o coro, se entregasen durante a xornada á primeira sesión de gravación do DVD que acompañará ao libro-disco, 'Bicos de música' que a nosa editorial publicará á volta do verán. Nesta […]
VERDE OLIVA

Xavier Alcalá conta na súa nova novela as aventuras e desventuras de Mariana, a galega enguedellada nunha revolución mítica contra o tirano que sometera a illa de Cuba. Velaquí Verde oliva, a historia desta filla de galego e crioula que se integra nunha rede secreta de axentes encargados de destruír o réxime do ditador. A […]
Por que fracasou a reforma do estatuto?

Un libro do deputado e profesor de Económicas Xoaquín Fernández Leiceaga que ten intención de ser, en primeiro lugar, unha crónica do interregno progresista nun longo ciclo de dominio conservador en Galicia. Interregno caracterizado pola colaboración entre as grandes forzas políticas progresistas (PSdeG-PSOE e BNG), que efectúan un esforzo, insuficiente pero real, de aproximación de […]
Rematou a gravación de Bicos de Música

Como levamos días comentando, as semana pasada foi especialmente intensa tanto para Mamá Cabra, como para os amigos de Pórtico Audivisuales e os traballadores da Editorial Galaxia, pois estivemos centrados, na Casa Grande do Bachao, en distintos lugares do Concello de Teo e de Santiago, na gravación do DVD do novo traballo do popular grupo […]
Conversa con Berrogüetto

Un dos libros recentes que máis teñen chamado a atención, en especial dos amantes da música, é a biografía, despois dunha longa traxectoria chea de éxitos, cambios de formación e, sobre todo, de aposta pola calidade, do grupo Berrogüetto. O xornalista musical Fernando Neira asumiu ese traballo que deu como resultado o libro 'Berrogüetto. O […]
De volta. Con libros. E sen medo á crise

Dende hai algo máis dun ano, semella que a palabra "crise" é a única palabra que, fixa, ten que aparecer en calquera discurso que pretenda falar da actualidade. E tamén, dende que comezou este 2012, repítese que á volta do verán -ou sexa: xa- a situación vai ser terrorífica. O sector cultural, especialmente castigado por […]
Presentación de DA MÁQUINA en Vigo

Este venres, no centro socio-cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Tercio de fóra, 11-baixo A), o escritor Alberto Lema presenta a súa última novela, Da Máquina. Xunto o autor van intervir Carlos Lema, Iago Castro e Francisco Sampedro. A novela, como é clásico na creación literaria, parte dunha pregunta que lle dá orixe: Que pasaría […]