Presentación de DA MÁQUINA en Vigo

Categoría: Nova

Este venres, no centro socio-cultural Bou Eva de Vigo (Rúa Tercio de fóra, 11-baixo A), o escritor Alberto Lema presenta a súa última novela, Da Máquina. Xunto o autor van intervir Carlos Lema, Iago Castro e Francisco Sampedro.
A novela, como é clásico na creación literaria, parte dunha pregunta que lle dá orixe: Que pasaría se unha máquina desenvolvese conciencia de seu? Cal sería, en tal caso, a súa opinión sobre a orde establecida?
Alberto Lema constrúe, así, unha novela de ciencia ficción ambientada na Galicia do presente pois, segundo o autor, "a apocalipse xa pasou". Os partidarios e inimigos desta Máquina revolucionaria cruzan os seus camiños, poñen en xogo as súas vidas. Mais só un dos bandos pode prevalecer.
Con elementos do xénero policial, da novela psicolóxica e do ciberpunk, Alberto Lema constrúe un relato no que se decide, incluso, o futuro da civilización.

Compartir na redes sociais: