Os primeiros días da revolución cubana e a ditadura de Batista como pano de fondo. Mariana, unha activista contra o ditador, filla de galegos, desencantada despois coa revolución de Fidel e os irmáns Castro. O mundo dos galegos emigrados. A sociedade cubana e habanera nos anos 50. Un relato apaixoante que, ao mesmo tempo, é crónica dun tempo vivido, capítulo da nosa historia contemporánea. Fontes disrectas, apaixoadas. Un libro tamén para discutir, para opinar, nunca un texto plano. Co estilo inconfundible do autor.
Rodeado de público e amigos, que encheron o espazo de presentación, Xavier Alcalá, un dos nosos grandes autores, presentou a súa novela, "Verde oliva", na compaña da poeta e ensaísta Tati Mancebo, o crítico literario e tamén poeta Vicente Araugas e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
No noso blog deixámosvos unha pequena galería fotográfica da xornada.