Galaxia Tales e Galaxia Comic serán presentadas no Culturgal

Dentro dos moitos actos que a Editorial Galaxia ten previstos para desenvolver durante o Culturgal desta fin de semana en Pontevedra, destacamos dous produtos relacionados coas novas tecnoloxías absolutamente pioneiros en Galicia e, en boa medida, no resto do Estado. Por unha banda, presentaremos o portal Galaxia Tales, primeira web de contos interactivos en Rede, […]
MARÍA FUMAÇA na FNAC da Coruña

Este venres, ás 18:30 h, terá lugar na FNAC da Coruña a presentación deste proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un CD e un DVD que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e […]
Os 'Bicos de música' de Mamá Cabra comezan a súa andaina por Galicia

Este venres, ás 18'30, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, Mamá Cabra subirá ao escenario para presentar o seu novo libro-disco-DVD, 'Bicos de música', terceiro traballo coa Editorial Galaxia despois de 'Ola, ola, la!' e 'Xa me tardan estes Magos'. Como nas tres ocasións anteriores, a ilustradora Kristina Sabaite é a encargada de lle poñer […]
Os 'Bicos de música' de Mamá Cabra xa nas librerías

Esta semana chegará ás librerías do país o novo libro-CD-DVD de Mamá Cabra, 'Bicos de música', terceiro traballo en Galaxia, acompañado dun DVD no que participaron Televisión de Galicia e Pórtico Audiovisuales que permitirá acompañar ao grupo ao longo dun día, dende o instante no que se xuntan para ensaiar, moi de mañá, ata que […]
'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello, candidata ao Premio Casino de Santiago

Xa hai finalistas para a décima edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que recoñece as mellores novelas europeas do ano. Nesta edición, 'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello atópase entre as seleccionadas. Terá que competir coas obras 'De vidas ajenas', de Emmanuel Carrère, editada por Anagrama, 'Con el agua al cuello', de […]
María Fumaça fixo festa na Coruña
O pasado venres, algúns dos músicos da familia María Fumaça, ofreceron un concerto que serviu de presentación para este libro-disco-DVD que está a arrasar alí onde chega. Unha locomotora de música, alegría e festa que contaxia e que non deixa a ninguén indeferente. Desta volta, na FNAC coruñesa, Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco, Andrés Giráldez, […]
Falando cos nosos autores

Mañá será un día para falar de literatura en distintos lugares do país, para parolar cos autores e poder coñecer de primeira man os segredos da creación literaria e a intrahistoria dos libros. Así, por unha banda, Xavier Alcalá visitará a Casa da Cultura de Fene, ás 19 horas, dentro do programa de encontros cos […]
'Camiñantes' de Marcelino Agís, sae en ruso

Estes días, o libro Camiñantes. Un itinerario filosófico que a nosa editorial publicou dentro da súa colección de Ensaio, chega á lingua rusa. Co gallo deste fito, mantivemos unha conversa co seu autor. PREGUNTA: Que significa para ti ver o teu libro traducido ao ruso? RESPOSTA: Para min é unha satisfacción ver como unha obra […]