A verdadeira historia da mosca da tele

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o libro de María Solar, 'A verdadeira historia da mosca da tele', que publicamos na colección Árbore 10 anos e que, estamos certos, vai engaiolar a moitas lectoras e lectores. María Solar cóntanos neste libro unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai […]

Falando cos nosos autores

Mañá será un día para falar de literatura en distintos lugares do país, para parolar cos autores e poder coñecer de primeira man os segredos da creación literaria e a intrahistoria dos libros. Así, por unha banda, Xavier Alcalá visitará a Casa da Cultura de Fene, ás 19 horas, dentro do programa de encontros cos […]

'Camiñantes' de Marcelino Agís, sae en ruso

Estes días, o libro Camiñantes. Un itinerario filosófico que a nosa editorial publicou dentro da súa colección de Ensaio, chega á lingua rusa. Co gallo deste fito, mantivemos unha conversa co seu autor. PREGUNTA: Que significa para ti ver o teu libro traducido ao ruso? RESPOSTA: Para min é unha satisfacción ver como unha obra […]

Presentación en Compostela de MARÍA FUMAÇA

Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu. Esta semana comeza a xeira de presentacións de María Fumaça, un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro con CD e DVD destinado […]

Volve a cociña de Larpeiros

Xa está chegando ás librerías de todo o país o novo libro do cociñeiro Benigno Campos quen, desta vez, decidiu titular o seu traballo 'Volve a cociña de Larpeiros', título ben acaído pois a súa é unha cociña xa coñecida, e seguida, por milleiros de galegos e galegas que atopan nas súas propostas, receitas sinxelas […]

Presentación de 'María Fumaça', libro-CD-DVD, en Vigo

Despois da presentación de onte na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, segue a xeira de presentacións de 'María Fumaça', un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo, coma tantos e coma tantas, que […]

'Larpeirizando' o país.

Non hai unha semana aínda do lanzamento do novo libro de Benigno Campos, 'Volve a cociña de Larpeiros' e xa podemos afirmar que na Editorial Galaxia estamos a pensar nunha nova edición, pois os 8000 exemplares que sacamos a mediados da semana pasada, están xa practicamente esgotados. Poucas veces un lanzamento editorial ten sido tan […]

Falando sobre LAURA NO DESERTO

Espazo Lectura organiza esta primeira sesión do mes de outubro do club de narrativa *Sete vidas* arredor da novela Laura no deserto. A cita será mañá martes, ás 20:00 h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Antón Riveiro Coello, autor desta novela xa imprescindible, achegarase á biblioteca para conversar cos seus lectores e lectoras. A nova […]