María Fumaça fixo festa na Coruña

Categoría: Nova

O pasado venres, algúns dos músicos da familia María Fumaça, ofreceron un concerto que serviu de presentación para este libro-disco-DVD que está a arrasar alí onde chega. Unha locomotora de música, alegría e festa que contaxia e que non deixa a ninguén indeferente.
Desta volta, na FNAC coruñesa, Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco, Andrés Giráldez, Ana Domínguez Senlle, Tatán, Carlos Blanco, e outros convidados que foron felizmente "obrigados" a cantar estas tonadas de ledicia, engaiolaron a un público infantil, e ás súas familias, que non pararon de cantar durante algo máis dunha hora, que se fixo curta a pesar de que houbo que facer varios bises para contentar a un público máis que esixente que, sen embargo, quedou máis que satisfeito.
No noso blogue deixamos un pequeno álbum de fotos da festiva xornada musical.

Compartir na redes sociais: