Salvador García Bodaño e Miguel Anxo Fernández, Premios da Cultura Galega 2012

O poeta Salvador García Bodaño e o narrador e crítico de cine Miguel Anxo Fernández son dous dos sete recoñecidos onte polo xurado dos Premios da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia. O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez […]

Mamá Cabra presenta BICOS DE MÚSICA en Compostela

Xa están todas as librarías cheas de 'Bicos de música', o último lanzamento do grupo Mamá Cabra. Da man da Editorial Galaxia, o proxecto inclúe un libro ilustrado coas letras das cancións, un CD con dez temas cantados e dez pistas só coa música e os coros para cantar por riba e mais un DVD […]

Éxito de público na presentación de O FUTURO É POSIBLE

Co gran salón do hotel Araguaney de Santiago de Compostela completamente cheo (máis de 400 persoas, moitas das cales tiveron que seguir o acto de pé) Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia, formulou o seu propio proxecto de futuro: ou se constrúe unha cultura común entre a socialdemocracia galeguista e o nacionalismo democrático […]

Homenaxe en Ribadavia a Alonso Montero

Rodeado de amigos e de autoridades, así como do cariño dos veciños de Ribadavia, o profesor Alonso Montero recibiu o pasado sábado un multitudinario homenaxe na súa vila de adopción. A corporación municipal acordou por unanimidade concederlle o título de fillo adoptivo. Alonso Montero naceu en Vigo, pero dende os 9 anmos ata a final […]

Actos de GALAXIA no CULTURGAL 2012

Un ano máis este venres, e ata domingo, celebrarase en Pontevedra o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. E un ano máis, a Editorial Galaxia contará cun espazo propio onde amosar o máis recente da súa produción ao tempo que organiza un mollo moi completo de actos para que os visitantes poidan asomarse á enorme […]

Presentación do GRIAL 195 na Coruña

Este xoves presentarase na Coruña, na Fundación Barrié, o número 195 da revista GRIAL. No acto participarán Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Ana J. Varela, voceira da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, Fernando González Laxe, presidente da Asociación Bolseiros, Toni García, coordinador de Diálogos da Fundación Barrié, Javier López, director xeral da Fundación […]

Que empece a función!

O pasado 22 de novembro o Auditorio de Ourense quedou pequeno para acoller ao medio millar de escolares que puideron gozar do espectáculo, posto en pé por Teatro da Esmorga e Editorial Galaxia, titulado 'Que empece a función!' e que supón un paseo, en pequenas pílulas escénicas, polo máis importante do noso teatro ao longo […]

Hoxe en Compostela preséntase O FUTURO É POSIBLE

Xa está distribuído nas librerías "O futuro é posible", libro de memorias políticas de Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia e exsecretario xeral do Partido Socialista de Galicia-PSOE. Editorial Galaxia presentará o libro, co autor e o ensaísta Ramón Maiz, hoxe xoves 22 de novembro, ás 19:30 h, no salón de actos do […]