O ano pasado cumpríronse XXV anos do Premio Manuel García Barros, un dos galardóns literarios máis importantes do noso país e fortemente vencellado á Editorial Galaxia, quen publica a novela gañadora.
Dende a ligazón á dereita destas liñas podes acceder ás bases do certame que convoca o Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a nosa editorial.