Presentación de 'Ulises' en Bruxelas

Cando hai xa máis de medio século Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e outros soñaron unha cultura galega normalizada, soñaron, tamén, que libros esenciais coma o 'Ulises' de James Joyce se puidesen ler na nosa lingua. Sería un símbolo, como dicimos, de normalidade, pero tamén de modernidade. Ese soño cumpriuse o pasado nadal cando puidemos tirar […]
A Fundación Penzol acolleu o arquivo do galeguista e médico Antonio Pérez Prado

VIGO, Martes 7 de abril de 2014 (13.30 h) A filla de Antonio Pérez Prazo, Aixa, acehgouse dende a súa residencia en Florida para dar cumrpimento ao desexo de seu pai de que os seus arquivos persoais fosen entregados á Fundación Penzol. Ese foi o desexo explicitamente pronunciado por Antonio Pérez Prado, médico arxentino fillo […]
Celebración do medio século da revista GRIAL

O próximo día 10 de abril, xoves, celebramos medio século da revista GRIAL, 200 números, cincuenta anos de presenza ininterrompida, dende 1963, nun acto ás 20 horas en Santiago de Compostela. Nas súas páxinas publicaron as personalidades máis sobranceiras da nosa cultura, de dentro e de fóra de Galicia. Mais o desafío está sempre no […]
Presentación do libro-disco DE VOCES CEIBES A MILLADOIRO en Vigo

Este mércores, ás 20 horas, o músico Anxo Pintos e o editor do libro, o escritor Francisco Castro acompañarán a Antón Seoane na presentación do seu libro-disco, coeditado por Galaxia e Pai Música, 'De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do Movimento Popular da Canción Galega (1973-1978'. Da man de Antón Seoane, un dos nosos […]
Presentación pública da doazón da colección arquivística de Antonio Pérez Prado á Fundación Penzol

Este martes desenvolveranse distintos actos relacionados coa presentación pÚblica da doazón feita pola súa filla Aixa Pérez-Prado da colección arquivística de Antonio Pérez Prado (Buenos Aires, 1923-2009). PROGRAMA DE ACTOS 12 horas Intervención da Fundación Penzol: – Pola Fundación Penzol: O Vicepresidente, D. Antón Vidal Andión e o Director, D. Francisco Domínguez Martínez. – Polo […]
Chus Pato e a tradución galega do 'Ulises' recibiron o Premio Irmandade do Libro

O pasado sábado, en Rianxo, a Federación de Libreiros de Galicia entregou os seus tradicionais premios Irmandade do Libro que recolle o máis salientable, dentro da produción editorial do ano pasado, a xuízo dos profesionais do sector das librerías de Galicia. A escritora Chus Pato recibiu o premio como Autora do Ano mentres que a […]
A escritora Chus Pato, premio Irmandade do Libro á autora do 2013

A nómina de gañadores na vixésimosegunda edición dos premios Irmandade do Libro coñecerase o vindeiro sábado. Mais onte, a Federación de Libreiros de Galicia ofreceu un adianto importante e anunciou que a ourensá Chus Pato foi elixida a autora do ano 2013. O xurado destacou «a súa impecable traxectoria literaria, a singularidade e a calidade […]
'Os TRES TENedORES' no Salón do Libro de Pontevedra

O grupo musico-teatral 'Os TRES TENedORES' actuarán dentro do marco do Salón do Libro de Pontevedra este sábado ás 12,30 horas nun acto pensado para o público familiar e que ten como obxectivo tamén presentar o novo libro-disco da colección Sonárbore, que verá a luz nos primeiros días do verán 'Cocido sinfónico'. O editor Francisco […]