TAMBO na Semana da Música Infantil da Feira do Libro de Vigo

A Semana da Música Infantil chega á súa terceira xornada, este mércores ás 19 horas cun concerto de música infantil que gravitará arredor do libro-disco de Vïctor Castro e Laura García, TAMBO, publicado por Edicións do Cumio. Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal. […]
50 anos de GRIAL

A revista GRIAL cumpriu medio século de vida e 200 números publicados. Todo un fito histórico que queremos conmemorar tamén na Feira do Libro de Vigo cun encontro cos lectores e lectoras e con todos aqueles que aman a nosa cultura. Así, este mércores, ás 19 horas, haberá un coloquio no que intervirán os codirectores […]
María López Sández e Francisco Castro falaron de literatura en Alemaña

Dende o pasado mércores ata onde domingo, a escritora María López Sández e o escritor e editor Francisco Castro tiveron ocasión de participar no Europäisches Festival des Debütroman de Kiel que se celebra nesa cidade alemá. A literatura galega tivo presenza, na semana das letras galegas, neste importante festival que concentra escritores de toda Europa […]
Éxito na presentación de ESTAMOS NO VERÁN!!!

Na mañá do martes, Xoán Curiel e a súa banda Son + de 2 subiron ao escenario do Teatro Principal de Santiago para, nun patio de butacas ateigado de nenos e nenas, interpretar, nunha hora de concerto, moitos dos temas presentes no libro disco que acompaña a novela de Charo Pita, 'Estamos no verán!!!' e […]
Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Un ano máis, a Editorial Galaxia produce a Semana da Música Infantil da Feira do Libro de Vigo, un evento que congregará, dende o luns 26 de maio ata o domingo 1 de xuño, todos os días ás 19 horas, ás mellores propostas musicais infantís do país. Desta volta, sumáronse á iniciativa outras editoriais galegas […]
Xa na rúa o GRIAL 201

Cada vez de xeito máis radical, as novas tecnoloxías veñen modificando as formas tradicionais de comunicación, produción e difusión do relato, tamén as maneiras de presentalo, distribuílo, compartilo e comercializalo. Xorden novos xeitos de comunicar e novos xeitos de abordar a relación entre creadores, mediadores, receptores no século que xa corre… Estamos diante dunha nova […]
A familia de Díaz Castro en Guitiriz

A celebración do Día das Letras contou coa asistencia dos fillos e netos de Xosé María Díaz Castro, que se desplazaron dende Euskadi para asistir aos actos. Foi una xornada emocionante. Na fotografía, de esquerda a dereita, podemos ver a Isabel (compañeira de Aitor, neto do poeta), Armando Requeixo, Luis G. Tosar, Xosé María Díaz […]
Galaxia publica os DÍAS DE CUBA de Xosé Neira Vilas

Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de Xosé Neira Vilas, titulado 'Días de Cuba' que a Editorial Galaxia publica na súa colección 'Memoria'. 'Días de Cuba' é unha minuciosa memoria persoal que nos traslada a un país que vive unha singular experiencia no seu devir; unha illa da América […]