Actos de Galaxia para a fin de semana na Feira do Libro de Vigo

Esta fin de semana vai ser intensa en actos da nosa Editorial. Por unha banda, continuará adiante a Semana de Música Infantil que produce Galaxia. Así, o venres, sempre ás 19 horas, recibiremos a visita de Xoán Curiel para desenvoler o espectáculo ESTAMOS NO VERÁN!!!; o sábado, a familia María Fumaça encherá a carpa da […]

Grial celebrou o seu medio século en Vigo

Este mércores celebrouse un acto na Feira do Libro de Vigo para conmemorar o medio século de vida da revista Grial. Abriu o acto un dos directores da publicación, o escritor Víctor F. Freixanes, quen fixo un percorrido pola historia da revista dende a súa fundación hai medio século até a actualidade. Apuntou tamén os […]

A Consellería de Cultura e Educación e Fundación Repsol renovan a súa colaboración no impulso da literatura en galego a través da VIII edición do Premio de Narrativa Breve Repsol

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo Erena, renovaron hoxe a colaboración de ambas as entidades para o impulso da literatura en lingua galega a través da VIII edición do Premio Narrativa Breve Repsol. A dotación económica do premio, que por segundo ano […]

PITUSA SEMIFUSA en Vigo

A Semana da Música Infantil na Feira do Libro producida por Galaxia, chega á súa cuarta xornada este xoves, ás 19 horas, co espectáculo PITUSA SEMIFUSA baseado no libro-disco de mesmo nome editado por Galaxia e da autoría musical de Olga Brañas. Sérgio Tannus, Xiana Lastra e a propia Olga Brañas subirán ao escenario da […]

Presentación de MATERNOSOFÍA de Inma López Silva en Vigo

Este xoves presentaremos o novo libro de Inma López Silva, 'Maternosofía', dentro dos actos da Feira do Libro de Vigo. Ademais da autora, intervirán a escritora Mª Xosé Queizan e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. "Hai equivalencia entre escribir e parir". Así xorde este libro, como unha exaltación da literatura que dá […]

O futuro de Europa está na Europa dos pobos

Europa é un proceso en construcción. Hoxe convén lembralo, máis ca nunca. Un proxecto destas características, certamente histórico, non se consuma en catro ou cinco anos, leva décadas, ás veces xeracións. Mais cómpre unha pedagoxía social e política que non existe, porque os estados seguen traballando para si, co egoísmo do particular, non co necesario […]

Éxito na presentación de ESTAMOS NO VERÁN!!!

Na mañá do martes, Xoán Curiel e a súa banda Son + de 2 subiron ao escenario do Teatro Principal de Santiago para, nun patio de butacas ateigado de nenos e nenas, interpretar, nunha hora de concerto, moitos dos temas presentes no libro disco que acompaña a novela de Charo Pita, 'Estamos no verán!!!' e […]

Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Un ano máis, a Editorial Galaxia produce a Semana da Música Infantil da Feira do Libro de Vigo, un evento que congregará, dende o luns 26 de maio ata o domingo 1 de xuño, todos os días ás 19 horas, ás mellores propostas musicais infantís do país. Desta volta, sumáronse á iniciativa outras editoriais galegas […]