50 anos de GRIAL

Categoría: Nova

A revista GRIAL cumpriu medio século de vida e 200 números publicados. Todo un fito histórico que queremos conmemorar tamén na Feira do Libro de Vigo cun encontro cos lectores e lectoras e con todos aqueles que aman a nosa cultura.
Así, este mércores, ás 19 horas, haberá un coloquio no que intervirán os codirectores da revista, Víctor F. Freixanes´e Henrique Monteagudo así como os membros do Consello de Redacción, Carlos Fernández, Domingo Docampo, Uxío Labarta e o investigador Xurxo Martínez.

Compartir na redes sociais: