Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Categoría: Nova

Un ano máis, a Editorial Galaxia produce a Semana da Música Infantil da Feira do Libro de Vigo, un evento que congregará, dende o luns 26 de maio ata o domingo 1 de xuño, todos os días ás 19 horas, ás mellores propostas musicais infantís do país. Desta volta, sumáronse á iniciativa outras editoriais galegas como Do Cumio ou Kalandraka.
De seguido, a programación completa, tanto da Semana da Música Infantil como do resto dos actos da nosa editorial durante a Feira do Libro de Vigo.

SEMANA DA MÚSICA INFANTIL

Luns, 26 de maio: O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO con Suevia Sobral e Akiko Ishi Hara. Edicións do Cumio
Martes, 27 de amio: TOC TOC Con Pablo Díaz. Editorial Galaxia
Mércores, 28 de maio: TAMBO con Victor Castro e Laura García. Edicións do Cumio
Xoves, 29 de maio: PITUSA SEMIFUSA con Olga Brañas. Editorial Galaxia
Venres, 30 de maio: ESTAMOS NO VERÁN!!! con Xoan Curiel. Editorial Galaxia
Sábado, 31 de maio: XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ coa Familia MARIA FUMAÇA. Editorial Galaxia
Domingo, 1 de xuño: BRINCA VAI con Paco Nogueiras. Editorial Kalandraka

OUTROS ACTOS DA EDITORIAL GALAXIA

Mércores 28 de maio: Conmemoración do medio século de GRIAL. Ás 19 horas.
Xoves 29 de maio: Presentación de MATERNOSOFÍA de Inma López Silva. Ademais da autora, intervirán a escritora Mª Xosé Queizan e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. Ás 20 horas.
Venres 30 de maio: Mesa redonda sobre XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO. Intervirán Armando Requeixo, Luís González Tosar e o director xeral de Galaxia, Victor F. Freixanes. Ás 19 horas.
Venres 30 de maio: Presentación de O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN de Berta Davila. Ademais da autora, intervirán o escritor Xosé Monteagudo e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema. Ás 20 horas.

Compartir na redes sociais: