Foi una morte súpeta, inesperada, e por tanto se cadra aínda máis dolorosa. Un accidente de trafico. O pasado día 8 de xaneiro, cando saía dunha reunión de traballo verbo da organización e lanzamento dos primeiros títulos do proxecto Mar Maior en Arxentina, xunto coa súa dona, Nelly, Carlos Brandeiro e Xavier Alcalá, un camión atropelouno na calzada. Así de absurdo e terrible.
Perdimos un amigo, mais tamén un activista xeneroso, dos que avanzan sen ruido, con realismo, espírito crítico e entrega incondicional. Xunto con Nelly Espiño, Gabriela Sande e Carlos Brandeiro eran o primeiro equipo de apoio do proxecto Mar Maior, lanzamento da cultura galega aos espazos exteriores, neste caso á sociedade arxentina, onde pensabamos empezar a editar contra a primavera deste ano 2015.
Alfo funcionario da administración de Facenda da cidade de Buenos Aires, nacera na Arxentina, de país galegos de Friol, e xunto coa súa dona. Nelly, presidenta de Cultura da Feira do Libro de Buenos Aires e primeira presidenta de Mar Maior-Arxentina, visitaba todos os anos Galicia, a terra dos devanceiros: no seu caso de Lugo, os dela de Vigo e as Rías Baixas.
Na fotografía aparecen Nelly e Miguel durante a súa última visita á fundación Penzol, en Vigo, acompañados de Antón Vidal Andión, María Dolores Cabrera e Francisco Domínguez. Levarémolo sempre na nosa lembranza.