Francisco Mantecón. Paixón e cálculo

Estes días arrancou en Vigo a retrospectiva dun dos nosos artistas e deseñadores fundamentais de finais do século XX, Francisco Mantecón (Vigo, 1948–2001). Poderá verse tamén na Fundación Luis Seoane, A Coruña, durante o verán do 2015. Con motivo desta mostra, a Editorial Galaxia publica un libro con textos dos seguintes autores sobre a obra […]
As Maimiñas na inauguración da ludoteca municipal de Mos

Este sábado 24 de xaneiro ás 12.15 horas, As Maimiñas estarán en concerto na inaguración da nova Ludoteca Municipal do Concello de Mos. Moi probablemente interpretarán algunhas das cancións incluídas no seu primeiro libro-disco publicado na nosa colección Sonárbore e do que vos deixamos unha mostra na ligazón á dereita destas liñas.
Segunda edición para REO de Xesús Fraga

Estes días chega ás librerías de todo o país a segunda edición do libro de Xesús Fraga, REO, a novela coa que o xornalista de Betanzos acadou en 2013 o Premio Raíña Lupa e que, dende o instante mesmo da súa publicación comezou a gozar do favor do público e da crítica, así como do […]
'A Esmorga' na Gala dos Nominados dos Goya

Onte, en Madrid, celebrouse a Gala dos Nominados dos premios Goya do Cine que este ano conta coa candidatura de 'A Esmorga', a película producida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e a TVG na categoría de Mellor Guión Adaptado. Carlos Asorey e Ignacio Vilar foron os autores da adaptación do guión da película de […]
Luis García Soto gaña o Premio Ramón Piñerio de Ensaio

VIGO, LUNS 19 DE XANEIRO DE 2015, 13,30 h A obra "Barthes filósofo", da que é autor Luís García Soto, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2014, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A xuntanza do xurado […]
A Editorial Galaxia, recoñecida como a Mellor Editorial de 2014

O venres foi un día feliz para a nosa Editorial porque fomos coñecendo os resultados das votacións nas distintas categorías dos lectores e lectoras da web Fervenzas Literarias, un dos referentes na Internet do libro galego. Durante algo máis dun mes, os visitantes da páxina puideron participar nunha enquisa que é xa unha das citas […]
Éxito de 'Espantallo amigo' en toda Galicia

Dende o Nadal pasado percorreu o país o espectáculo teatral 'Espantallo amigo' d'Os Quinquilláns Teatro e a Editorial Galaxia. 'Espantallo Amigo' é unha adaptación da obra de Xosé Neira Vilas, dentro do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Alí onde se representou encheuse […]
Un artigo de Benxamín Casal sobre a lingua galega

Nestes días de xaneiro cumpriría oitenta anos. Deixounos hai ano e medio. Hai agora un ano celebrabamos unha homenaxe multitudinaria no Circulo das Artes, en Lugo, a quen foi presidente de Editorial Galaxia dende o ano 2012 ata o seu falecemento, integrado ao Consello de Administración desta casa dende 1986. O seu compromiso coa lingua […]