Presentación de A BONECA DE BLANCO AMOR en Vigo

Categoría: Nova

A escritora Ledicia Costas e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes acompañarán a María Xosé Queizán na presentación do seu novo libro titulado A BONECA DE BLANCO AMOR.
Nesta novela, a autora viguesa retoma dous dos personaxes que forman parte da trama do libro de Blanco Amor, 'A Esmorga'. En definitiva, unha novela a medio camiño entre a pura ficción e a investigación histórica que nos permitirá coñecer, da man da autora viguesa, mellor o universo vital e creativo do autor ourensán.

Compartir na redes sociais: