Espantallo amigo en Santiago

Categoría: Nova

Durante as vacacións escolares que acaban de comezar, a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia ofrece en Compostela un espectáculo para público familiar: a obra de teatro Espantallo Amigo, interpretada por Os Quinquilláns, nunha acción en colaboración coa Editorial Galaxia.
A trama, creada por Xosé Neira Vilas, está contada na versión teatral de Os Quinquilláns polos nenos que no seu día conseguiron superar a miseria grazas á xenerosidade do espantallo amigo e que, xa convertidos nun home e nunha muller, queren facer unha montaxe teatral que amose o acontecido.
Todos os asistentes recibirán un exemplar da obra de Xosé Neira Vilas que deu orixe ao espectáculo.
Na ligazón da dereita podes descargar o tríptico informativo da campaña.

Compartir na redes sociais: