Xa nas librarías 'Biff, Bang, Pow!'

Categoría: Nova

Moito antes de se converter no escritor fundamental que hoxe é no sistema literario galego, Xabier López López publicaba en 1997 a novela xuvenil 'Biff, Bang, Pow', unha divertida historia que nos leva, da man dun rapaz galego, ao Londres dos anos 60 coas súas minisaias, o flower power e un caso que convirten esta obra, como reza o subtítulo, nunha 'novela case negra'.
O libro recupérao agora a Editorial Galaxia na colección Costa Oeste, nunha edición actualizada que conserva e potencia a frescura daquel narrador, naquela altura, case que principiante pero no que xa se albiscaban as boas maneiras que logo nos deixou ver en obras posteriores.

Compartir na redes sociais: