Un artigo de Benxamín Casal sobre a lingua galega

Categoría: Nova

Nestes días de xaneiro cumpriría oitenta anos. Deixounos hai ano e medio. Hai agora un ano celebrabamos unha homenaxe multitudinaria no Circulo das Artes, en Lugo, a quen foi presidente de Editorial Galaxia dende o ano 2012 ata o seu falecemento, integrado ao Consello de Administración desta casa dende 1986.
O seu compromiso coa lingua e a cultura galega foi inequívoco, vencellado ao galeguismo dende moi novo, con posicións políticas sempre conciliadoras, dende unha perspectica optimista de futuro. Na súa lembranza qué mellor que reproducir un texto seu arredor do idioma publicado en El Progreso de Lugo o Día das Letras Galegas do ano 2001.
"Na lingua está a esencia do que somos", escribe. "Se renunciamos ao que somos, nunca seremos nada".
E engade noutro parágrafo: "Dende a aprobación da Lei de Normalización Lingüística non se ten avanzado moito (…) Cando parecía que o panorama ía na dirección axeitada e que na Administración todos os traballadortes desenvolverían as súas funcións en galego,non só non foi así, senón que, dun tempo a esta parte,fóra das proclamas que se verten nos discursos, a realidade albíscase máis descomprometida e regresiva".
Lendo dende a perspectiva de 14 anos que pasaron polo texto, invitamos aos lectores e lectoras volver a el. Podes facelo na ligazón á dereita destas liñas.

Compartir na redes sociais: