Segunda edición para REO de Xesús Fraga

Categoría: Nova

Estes días chega ás librerías de todo o país a segunda edición do libro de Xesús Fraga, REO, a novela coa que o xornalista de Betanzos acadou en 2013 o Premio Raíña Lupa e que, dende o instante mesmo da súa publicación comezou a gozar do favor do público e da crítica, así como do profesorado que o prescribiu como lectura en moitos centros educativos de Galicia. Esa querencia das lectoras e lectores pola obra materializouse claramente o venres pasado cando se deron a coñecer os resultados das votacións que cada ano organiza a web Fervenzas Literarias e que recoñecían este libro como o preferido na categoría xuvenil.
Agora, a segunda edición. En nada, seguro, a terceira.

Compartir na redes sociais: