Miguel Anxo Murado recibe o Premio da Fundación Pedrón de Ouro

A Fundación Pedrón de Ouro entregou este domingo o Pedrón de Ouro e o Pedrón de Honra a Edicións Laiovento e a Miguel Anxo Murado, respectivamente, pola súa contribución á "normalización" e "dignificación" de Galicia. A Casa Museo de Rosalía, en Padrón (A Coruña), acolleu este domingo a entrega destes galardóns, nun acto no que […]

Café Voltaire

Sae do prelo Café Voltaire, unha publicación que conmemora dez anos de libros e tertulias en Vigo. Explica Carlos Fernández no limiar que todo comezou despois da morte de Carlos Casares e X. A. Fernández Moreno. Un tanto orfos de palabra e sitios de encontro, un pequeno grupo de persoas decidiron crear unha tertulia que […]

Cúmprense cen anos do nacemento de Ramón Piñeiro

Coordenada polo profesor Henrique Monteagudo, apoiada por algunhas das institucions coas que Ramón Piñeiro tivo relación directa (Parlamento de Galicia e Consello da Cultura Galega) e coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Fundación Penzol e Editorial Galaxia preparan unha Fotobiografía de Ramón Piñeiro, que se presentará contra o próximo mes […]

Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo en Santiago

Este domingo, na Alameda compostelana e dentro dos actos da Feira do Libro, presentarase o libro, "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)", editado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo, que contará coa presenza dos autores Patricia Chachero e Afonso Monxardín e Víctor F. Freixanes (presidente da Fundación Otero Pedrayo). Ao longo das páxinas desta publicación, os […]

A ESMORGA estréase hoxe en España

Alén dos fitos acadados logo da estrea en Galicia (60.000 espectadores, 15 semanas na carteleira, 1 nominación a un Premio Goya, 6 Premios Mestre Mateo) a estrea a nivel estatal vén precedida por unha ambiciosa campaña de promoción por parte do director, Ignacio Vilar, e dos tres actores protagonistas, Karra Elejalde, Miguel de Lira e […]

Margartia Ledo Andión, Premio OS BOS E XENEROSOS da AELG

O pasado sábado, no Círculo das Artes de Lugo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebraban a súa anual Gala das Letras nas que, ademais de recoñecer os mellores libros do ano pasado a xuízo dos socios e socias da AELG, se entrega o premio OS BOS E XENEROSOS ás persoas ou […]

Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo en Lugo

Hoxe mércores, día 13, a Feira do Libro de Lugo acollerá a presentación do libro "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)", editado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo. Participarán no acto os autores Patricia Chachero e Afonso Monxardín e Víctor F. Freixanes (presidente da Fundación Otero Pedrayo). Ao longo das páxinas desta publicación, os lectores e […]