Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo en Lugo

Categoría: Nova

Hoxe mércores, día 13, a Feira do Libro de Lugo acollerá a presentación do libro "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)", editado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo. Participarán no acto os autores Patricia Chachero e Afonso Monxardín e Víctor F. Freixanes (presidente da Fundación Otero Pedrayo).

Ao longo das páxinas desta publicación, os lectores e lectoras terán oportunidade de viaxar por un tempo histórico "a memoria das cousas, ilustrado con documentos gráficos que contextualizan a biografía do Patriarca. Despois del, ninguén con tanta xustificación e tanta unanimidade recibiu semellante tratamento", tal e como explican a autora e autor do libro.

Compartir na redes sociais: