Cita en Trasalba con Antón Pulido

No noso blogue deixamos, para a súa descarga, o programa completo de actos previstos para homenaxear ao pintor Antón Pulido, recoñecido este ano pola Fundación Otero Pedrayo co seu premio anual, galardón que dende 1983 levan recibido os persoeiros máis sobranceiros da galeguidade, entre outros, por exemplo, e por só cinguirnos aos dous últimos anos, […]

Sabela González gaña o Premio Frei Martín Sarmiento

O pasado venres foi un día de alegría para a escritora Sabela González pois coa súa novela de debut, 'Bágoa de Lúa', primeiro título da triloxía AS CRÓNICAS LANDEREINA, acadou o prestixioso premio Frei Martín Sarmiento que conceden as e os escolares de Galicia ao libro que máis lle gustou dos publicados recentemente. En concreto, […]

Cuestións vitais secretas

Logo do seu debut con 'O imposible de desatar', Premio Blanco Amor 2010, chega agora ás librerías o novo traballo de Iván García Campos e titulado 'Cuestións vitais secretas', un mollo de relatos que se introducen no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: aquilo que sempre está a […]

Homenaxe da AELG a Xosé María Álvarez Cáccamo

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXI edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé María Álvarez Cáccamo, que será homenaxeado no Concello de Vilaboa, onde chantou as súas raíces […]

Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo en Ourense

A Feira do Libro de Ourense de acolle hoxe xoves día 4 de xuño ás 19h30 a presentación do libro Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976), por parte dos seus autores, Patricia Chachero e Afonso Monxardín, e máis do presidente da Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, Víctor F. Freixanes. Ramón Otero Pedrayo. Unha […]

O Espantallo Amigo pecha en Lugo unha xira que chegou a máis de 10.000 nenos

O proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquilláns e Editorial Galaxia a partir do Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas pecha esta mañá ás 18h no Salón de exposicións da Deputación Provincial de Lugo a súa xira polos auditorios e teatros de Galicia, onde chegou a 10.000 nenos e nenas de entre 8 e […]

Homenaxe a Ramón Piñeiro en Santiago de Compostela

O mesmo día en que se fan os 100 anos do nacemento do intelectual e galeguista Ramón Piñeiro, a Consellería de Cultura e Educación e mais o concello de Santiago de Compostela rendéronlle este sábado homenaxe co descubrimento dunha placa que o lembra como "mestre do galeguismo" na casa onde residiu durante décadas e dende […]

Xa na rúa o novo libro de Xerardo Quintiá

Será durante esta semana que a nova novela de Xerardo Quintiá irá chegando ás librerías de todo o país. O seu título, 'O viaxeiro radical' unha novela de na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, […]