A ESMORGA estréase hoxe en España

Categoría: Nova

Alén dos fitos acadados logo da estrea en Galicia (60.000 espectadores, 15 semanas na carteleira, 1 nominación a un Premio Goya, 6 Premios Mestre Mateo) a estrea a nivel estatal vén precedida por unha ambiciosa campaña de promoción por parte do director, Ignacio Vilar, e dos tres actores protagonistas, Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris" que presentaron o filme en Madrid (29 e 30 de abril) e Barcelona (5 de maio). En ámbolos dous casos, a acollida dos medios de comunicación e do público (esgotáronse as entradas nas preestreas das dúas cidades) foi excelente.
Ao rematar a proxección, os espectadores loubaron o filme e ao equipo con frases como "peliculón", "interpretacións sublimes", "un agasallo"…:
"Unha película moi recomendable e moi fiel ao espíritu de E. Blanco Amor", Javier Gutiérrez.
"Estou impresionado. Un dos mellores traballos de interpretación que se poden ver hoxe en día no cinema", Francis Lorenzo..
"Marabillosa, incriblemente interpretada e dirixida. Ficas sen aire", Raúl Peña.
"Un peliculón, cun movemento de cámara inaudito", Antonio Dechent.
"Cinema de autor, difícil de atopar", Silvia Bel.
A campaña de promoción coincidiu no tempo e no espazo co lanzamento da edición en castelán da novela na Colección Mar Maior da Editorial Galaxia (co-produtora do filme), por parte de Pilar Sampil e Manuel Rivas (escritor do limiar desta nova edición) en Madrid, e de Francisco Castro en Barcelona.

Compartir na redes sociais: