María do Carmo Kruckenberg finou este sábado en Vigo

O pasado sábado á mañá coñeciamos a triste nova do pasamento da poeta galega María do Carmo Kruckenberg, unha das voces máis libres e potentes da poesía galega de todos os tempos. Onte domingo, logo dunha breve cerimonia relixiosa, no tanatorio de Pereiró celebrarouse unha homenaxe cívico-poética na que se escoitou, máis unha vez, a […]

Terceira edición para O ACHADO DO CASTRO

Hai algo máis dun ano que decidimos traer para a Editorial Galaxia o libro de Manuel Núñez Singala, O ACHADO DO CASTRO. Sabiamos que era unha obra moi representada e querida nas aulas do país, algo nada sorprendente se temos en conta que outras súas como COMEDIA BÍFIDA gozan da mesma condición. Así pois, actualizámola […]

A Galicia de Albert Camus

Así titula María Lopo, doutora en Literatura Francesa pola Universidade de Rennes, o traballo que abre o monográfico que o número 205 da revista GRIAL dedica ás relacións entre o autor de ‘L’étranger’ (1942), ‘La peste’ (1947) ou ‘La chute’ (1956) con Galicia, ou máis especificamente, coa literatura galega: "A Galicia de Camus". Son varias […]

Chega a ALEGRÍA! de Sérgio Tannus

Estes días lindos de maio, que convidan á alegría, chegará ás librerías de Galicia o primeiro traballo de Sérgio Tannus, produtor e músico en tantos dos nosos libro-discos, e titulado precisamente así, ALEGRÍA! O libro, ilustrado por Luís Borbolla consta dun conto protagonizado pola pequena Alegra, unha eiruga que, con semellante nome, parece claro que […]

A Gramola Gominola trunfou na Coruña

O luns, na Biblioteca do Centro Cívico de Montealto da Coruña, celebrouse un concerto de presentación de A GRAMOLA GOMINOLA, primeiro libro-disco desta formación na colección Sonárbore + Grandes. O acto consistiu nun concerto acústico interpretados por tres dos membros do grupo (Paco, Paula e Anxo). O concerto amosou que, como uns días antes en […]

Presentación-concerto de A Gramola Gominola

Este venres, ás 18.30 horas, terá lugar unha presentación-concerto de A Gramola Gominola na libraría Barquito de Papel, en Santiago. O luns 25 á mesma hora, e co mesmo formato, habrerá outra presentación na Biblioteca Pública de Montealto, na Coruña. Ambos os dous concertos son de carácter gratuíto, malia que o de Coruña precisa de […]

O novo premio Trasalba crea Arte Urbana en Vigo

O último domingo de xuño ninguén quererá perderse a tradicional visita a Trasalba, á Casa Grande de Don Ramón, para asistir á entrega do Premio Trasalba e o xantar de confraternidade que dende hai tantas décadas a Fundación que leva o nome do Patriarca das Letras Galegas organiza. Este ano e como xa informamos no […]

Karra Errejalde promocionou A ESMORGA con Andreu Buenafuente

O actor Karra Errejalde, un dos protagonistas, con Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris" da película A ESMORGA dirixida por Ignacio Vilar e coproducida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e Televisión de Galicia, visitou na madrugada do martes para o mércores o plató do programa de La Sexta, 'En el aire' que dirixe […]