Comeza o ano Carlos Casares na Editorial Galaxia

Neste 2017 Carlos Casares é o autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, polo que durante todo o ano sucederanse actos, homenaxes, lecturas coas que actualizar a súa figura e a súa obra. Carlos Casares estará unido por sempre á Editorial Galaxia, porque neste selo escribiu practicamente toda a súa obra […]

Máis aló do azul e do rosa, un libro para educar en igualdade

Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre homes e mulleres, queda aínda moito camiño por andar. E boa parte desa andaina ten que facerse dende o ámbito doméstico, dende as casas, dende a acción educativa das nais e dos pais. Non é un labor doado, porque os medios […]

Comeza o ano Carlos Casares, un escritor para un país

Carlos Casares estará unido por sempre á Editorial Galaxia, porque neste selo escribiu practicamente toda a súa obra e co tempo converteuse no seu editor e no primeiro director xeral da editora. Este ano que acaba de comezar estará cheo de homenaxes, pero ningunha como a de ler os seus libros. Sen dúbida, Carlos Casares […]

Segunda impresión de Pitusa Semifusa e novo libro en xuño!

Chega á editorial a segunda imprensión de Pitusa Semifusa, a nena que nos ensinou os instrumentos musicais. A súa avoa era directora de orquestra e, aínda que non a coñeceu, deixou mandado que se algunha vez tiña unha neta, quería que lle regalasen un gramófono. Pitusa quere sabelo todo sobre a música e os instrumentos […]

Rafael Quintiá Pereira gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016

A obra Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia, de Rafael Quintía Pereira resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016, que organizan conxuntamente a Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A xuntanza do […]

Balance do ano 2016

Ramón Nicolás, crítico e investigador, publica na súa bitácora, Caderno da crítica, un balance dos datos que o conxunto de librarías colaboradoras habituais foron ofrecendo ao longo dos once primeiros meses deste 2016. Escolleu para realizar o último taboleiro do ano os libros que gozaron de máis concorrencias nos cinco primeiros postos de cada sección durante o […]

Falece Bibiano Morón, unha figura clave da música galega

Hoxe espertamos coa triste nova do falecemento de Bibiano Morón, músico e compositor galego que conta no seu haber con case unha decena de discos. Figura de Voces Ceibes na última etapa, participou tamén na Movida e ultimamente acompañaba a Amancio Prada. Unha vida ligada á música dende os anos 60 que hoxe se foi, […]

Iria Collazo sobre A soidade das medusas no Zigzag

Iria Collazo conversa con Marta Gómez no Zigzag da Televisión de Galicia e presenta así A soidade das medusas, un libro de relatos curtos que converxen en moitos puntos. Todas as historias están conectadas entre si e as vidas dos personaxes mudan polo contacto cos demais, como na vida real. Na entrevista destacan o tratamento […]