A candidata de Miguel Sande no Diario Cultural

A candidata é unha novela singular, moi actual en todos os aspectos, como se deduce da entrevista que Ana Romaní lle fixo ao seu autor, Miguel Sande, no Diario Cultural. Non é unha crónica da crise, pero indaga nese relato a través da quebra dunha familia de clase media. Miguel Sande quixo mostrar a crise […]

Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc no Fugas da Voz

Hoxe no suplemento, Fugas, de La Voz de Galicia aparece unha entrevista ao músico Pablo Díaz pola recente saída do seu libro CD Tic Tac Toc, un traballo ilustrado que entra polos ollos e tamén polos oídos, pois é unha proposta musical alegre e educativa. Pablo Díaz afirma que este terceiro traballo é máis variado […]

Premio Illa Nova de Narrativa 2017

A Editorial Galaxia convoca a primeira edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. Cúmprense 60 anos dende que a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova. Era 1957 e pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a […]

Noire Compostela no Faro da Cultura

Noire Compostela é o último Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, un libro de intriga e misterio escrito por Blanca Riestra. Hoxe no Faro da Cultura recensiónase este libro de linguaxe sinxela, con moito diálogo, frases coloquias, que é doado de ler e engancha dende o inicio para ao final rematar de […]

A ferida do vento, a reconstrución dun verán de finais dos anos setenta

No programa Zigzag entrevistan a Antón Riveiro Coello pola súa nova novela A ferida do vento. O xerme desta novela nace dun compromiso adquirido con Carlos Casares hai 15 anos. Ao falecer Casares uns meses despois, Riveiro Coello abandonou o proxecto. Retomouno cando se reencontrou co seu pasado o día en que o fixeron fillo […]

Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc

Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc estivo esta fin de semana na Revista Fin de semana, alí recomendaron este libro CD para que os nenos e as nenas viaxen, practicamente de balde, e medren con música e con aprendizaxes interesantes e necesarias. A entrevista realizouse na biblioteca do Castrillón, un lugar especial para Pablo […]

Xosé Monteagudo entrevistado no Biosbardia

Xosé Monteagudo é un dos autores do momento grazas á súa última novela, Todo canto fomos, a historia dunha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Hoxe aparece no Biosbardia unha entrevista co autor na que debulla algunhas das claves da novela, das súas teimas como escritor, o retrato da […]

Marilar Aleixandre publicará Mudanzas e outros velenos este ano

Marilar Aleixandre (Madrid 1947) entrará este sábado 14 de xaneiro a formar parte da Real Academia Galega como académica de número. Para o gran público é unha escritora recoñecida, pero tamén está a súa faceta de bióloga e experta en educación. Marilar Aleixandre é pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das […]