Balance do ano 2016

Categoría: Nova

Ramón Nicolás, crítico e investigador, publica na súa bitácora, Caderno da crítica, un balance dos datos que o conxunto de librarías colaboradoras habituais foron ofrecendo ao longo dos once primeiros meses deste 2016. Escolleu para realizar o último taboleiro do ano os libros que gozaron de máis concorrencias nos cinco primeiros postos de cada sección durante o 2016.

A Editorial Galaxia publicou 12 deses títulos polo que agradecemos aos lectores e ás lectoras a súa confianza nas nosas obras!

En infantil destacaron os títulos Alegría e Canta o cuco, este último unha homenaxe a Manuel María que tamén se quixo facer na Antoloxía poética e na biografía Labrego con algo de poeta feita por Mercedes Queixas. En ensaio tamén aparece destacado o libro de José Antonio Gurriarán As mulleres do monte.

Para o público xuvenil aparece Tes ata as 10 e na colección literaria varios son os títulos que engaiolaron ao público, destaca Os elefantes de Sakurov de Antón Riveiro Coello, como a segunda novela máis vendida do ano. Unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. En terceiro lugar está a novela de Francisco Castro Amor é unha palabra como outra calquera, e noutros postos da listaxe Fontán, de Marcos Calveiro, Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva, Todo canto fomos de Xosé Monteagudo e Os Kowa, de Xavier Queipo.

Libros, historias, ensaios para un ano e para unha vida!!

Compartir na redes sociais: