Santiago Invisible é un proxecto solidario para Médicos sen Fronteiras que edita a Editorial Galaxia xunto ó Consorcio de Santiago.
O médico e fotógrado Chema Ríos presenta mañá na Coruña este libro de imaxes de Compostela dende diferentes perspectivas. Durante sete anos fotografou as partes da cidade menos visibles e pediulle palabras para esas imaxes a personalidades de todos os ámbitos: Alejandro Amenabar, Ángel Carracedo, Antonio Gala, Darío Villanueva, Eva Veiga, Javier Veiga, Dores Tembrás, Serrat, Luís Tosar, Luz Pozo Garza, Manuel Rivas….
O libro inclúe un cd con cancións gravado no Auditorio de Galicia o 24 de novembro de 2015 coa colaboración da Real Filharmonía dirixida por Paul Daniel. Mañá Rosa Cedrón, Carolina Rubirosa e Nani García, xunto ó Coro do CHUAC, interpretarán estas composicións.
Na acto, acompañando a Chema Ríos, estará Luciana Vidán, presidente do Colexio de Médicos, Manuel Manquiña e Malores Villanueva.
Gustaríanos contar coa vosa presenza.