Seguen chegando lecturas de Os nenos da varíola de María Solar, un dos grandes fenómenos editorias da tempada, que parece estar gozando tamén co apoio da crítica.
Mario Regueira escribe para o Sermos Galiza que “a autora é capaz de tomar, sobre esta base [a dos feitos históricos], as súas propias licenzas. As relacións persoais entre un dos doutores e un dos orfos, a procura dunha nai polo meniño que, esporeada pola necesidade, entregara anos atrás ao hospicio, o namoramento entre dúas crianzas ou a rivalidade e amizade entre estas puideron formar parte da historia pero non temos constancia. Unha proba da fidelidade e coidado coa que María Solar constrúe a trama é que […] o epílogo non renuncia a contar o verdadeiro final da historia”. E remata: “Moito máis que un novela xuvenil, Os nenos da varíola serve como obra de divulgación científica dun capítulo pouco recoñecido da nosa historia”.
Pola súa banda, na revista Aí sinalan que “o relato, digno dunha superproducción de Hollywood, é tan insólito e os seus protagonistas tan dignos da lembranza que esta novela de María Solar comeza a pagar unha débeda de gratitude infinita”.
E hoxe, entrevistaban á autora no Faro da Cultura. Podes ler a entrevista aquí.
Tamén podes descargar a reseña do Sermos Galiza ao completo, aquí.
E a da revista Aí, nesta ligazón.