Pelerinaxes seleccionada na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Categoría: Nova

Presentábase onte en Lugo a programación da 39 edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na que foi seleccionado Pelerinaxes, o filme de Simone Saibene sobre o clásico de Otero Pedrayo.
O filme xa fora finalista na categoría ‘Mellor documental’ dos Premios Mestre Mateo 2017, representou a Galicia no espazo CinéFil do Festival Interceltique de Lorient (Francia) 2016 e participou, entre outros, no Festival de Cornouaille (Francia), no 14º Indipendent International Film Festival de Daca (Bangladesh) e na VI edición do Primavera do Cine de Vigo. Tamén gañou o primeiro premio, na sección mellor documental, no 21º Avanca Film Festival (Portugal). E agora poderá verse nesta 39 edición da SICA o día 18 de setembro ás 18h na Deputación Provincial de Lugo.

Compartir na redes sociais: