Xosé Antonio Neira Cruz gaña o Premio Repsol 2017

Xosé Antonio Neira Cruz fíxose hoxe co XI Premio de Narrativa Breve Repsol pola obra O sono das sereas. Na súa decisión, o xurado pon de relevo o “desenvolvemento que presentan as personaxes, a estrutura da novela, perfilada a partir de tres voces que van encadeando unha ficción de intriga e misterio, a súa linguaxe […]

A Editorial Galaxia en LIBER 17

A Feira Internacional do Libro, que desta volta terá lugar en Madrid entre os días 4 e 6 de outubro, contará este ano coa presenza da Editorial Galaxia. LIBER é unha feira de carácter profesional promovida pola Federación de Gremios de Editores de España e que se organiza nas cidades de Madrid e Barcelona. Este ano LIBER […]

Mañá coñeceremos a obra gañadora do Premio Repsol 2017

Mañá mércores, terá lugar ás 12:30h unha rolda de prensa na sede da Refinería Repsol na Coruña para anunciar a obra gañadora do XI Premio de Narrativa Breve Repsol. Intervirán no acto Javier Sancho Hernández, director da refinería, Gonzalo Vázquez Villanueva, subdirector de Programas Institucionais e Culturais da Fundación Repsol, Valentín García Gómez, Secreatrio Xeral […]

Un final alternativo para O monstro de Ille

E por fin chegou o día! Hoxe revelamos cal é o final alternativo que Jorge Emilio Bóveda escribiu para O monstro de Ille, unha novela escura sobre un tempo escuro no que todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. O relato de tres […]

Xohana Torres, Uxía Senlle, o proxecto Apego e Cristina Pato, Premios da Cultura Galega

Os Premios da Cultura Galega, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, resolvéronse hoxe na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Alí, sóubose esta mañá que entre os agraciados estaban nomes moi queridos en Galaxia: Xohana Torres na categoría de letras, Uxía Senlle na de música, o proxecto Apego na de lingua […]

Éxito da xornada sobre a Editorial Galaxia no Cervantes de Londres

No serán de onte, tivo lugar no Instituto Cervantes de Londres unha xornada dedicada á Editorial Galaxia no Día Europeo das Linguas, organizada en colaboración coa revista Brit Es Magazine, e que congregou a moitos interesados ata se esgotaren as prazas. No acto, participaron o director xeral da editorial, Francisco Castro, que ofreceu para o […]

O alumnado do instituto arxentino galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe recibimos nas instalacións da editorial Galaxia en Vigo a un grupo de estudantes e profesores do Instituto arxentino galego Santiago Apóstolo de Bos Aires, que se atopan estes días facendo unha visita polas catro provincias galegas prestando especial atención a lugares claves da nosa cultura e institucións. Nesta casa, estivo para recibilos o noso […]

Chus Pato ingresa na Real Academia Galega

O sábado 23 de setembro, Chus Pato ingresará na Real Academia Galega como membro de número. A sesión extraordinaria e pública terá lugar no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense ás 12h. A poeta, que ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento do escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro, lerá un discurso titulado […]