Presentación de 'O derradeiro libro de Emma Olsen', de Berta Dávila na Pobra do Caramiñal

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia, La Voz de Galicia, a Libraría LER da Pobra do Caramiñal e o Liceo Pobrense, organizan o acto arredor da saída do número 94 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como da presentación do Premio de Narrativa Breve Repsol 2013. Interveñen, amais da autora, BERTA DÁVILA, […]
Libros para unha sociedade mellor

Este 23 de abril celébrase o Día do Libro. E en telexornais, periódicos e demais medios de comunicación, o libro terá un protagonismo especial. E serán moitas as voces, sinceras, que falarán da importancia do libro e da lectura na nosa sociedade, na educación dos cativos e cativas, etc. Nada que non saibamos e que […]
Elena Poniatowska, Premio Cervantes 2013, no catálogo de Galaxia

Elena Poniatowska recollerá mañá en Madrid o Premio Cervantes, un galardón de moito prestixio dentro das letras en castelán. No ano 2009, un mollo de escritores e escritoras, en colaboración coa AELG, recibiron a encomenda da Editorial Galaxia para verquer os relatos presentes no seu libro 'A filla do filósofo', á lingua de nós. Na […]
Chega ás librerías o novo libro de Miguel Anxo Murado

Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de Miguel Anxo Murado titulado 'Escrito en cafeterías', un traballo que nos conta historias reais pero que naceron escritas, en principio, como columnas de prensa. Un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas onde se […]
Segunda edición para 'Nimbos'

A obra cumio de Xosé María Díaz Castro é 'Nimbos', poemario que estaba xa no noso catálogo dende hai tempo pero que necesitaba unha revisión que fixase o texto definitivamente. E a persoa axeitada para facelo era o poeta, e amigo persoal do persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Luis G. Tosar. […]
Bases do Premio de Novela Manuel García Barros

O ano pasado cumpríronse XXV anos do Premio Manuel García Barros, un dos galardóns literarios máis importantes do noso país e fortemente vencellado á Editorial Galaxia, quen publica a novela gañadora. Dende a ligazón á dereita destas liñas podes acceder ás bases do certame que convoca o Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral […]
Descarga de balde as primeiras páxinas de 'Maternosofía'

A aceptación da crítica e, sobre todo, o interese dos lectores e lectoras por 'Maternosofía', o novo libro de Inma López Silva, permítenos afirmar que estamos diante do libro da tempada. Unha obra que está a ter unha enorme repercusión tanto nas redes sociais como no blogue que montamos dende o de Editorial Galaxia e […]
A revista GRIAL sempre centrada no futuro

Non quixo faltar ninguén. E o auditorio da Fundación Novacaixagalicia de Santiago ficou pequeno para dar cabida aos amigos e amigas que quixeron compartir coa revista GRIAL a celebración do seu medio século de existencia. Os codirectores, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo abriron e pecharon un acto conducido pola escritora e xornalista María Solar, […]