Segunda edición para REO de Xesús Fraga

Estes días chega ás librerías de todo o país a segunda edición do libro de Xesús Fraga, REO, a novela coa que o xornalista de Betanzos acadou en 2013 o Premio Raíña Lupa e que, dende o instante mesmo da súa publicación comezou a gozar do favor do público e da crítica, así como do […]

'A Esmorga' na Gala dos Nominados dos Goya

Onte, en Madrid, celebrouse a Gala dos Nominados dos premios Goya do Cine que este ano conta coa candidatura de 'A Esmorga', a película producida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e a TVG na categoría de Mellor Guión Adaptado. Carlos Asorey e Ignacio Vilar foron os autores da adaptación do guión da película de […]

Luis García Soto gaña o Premio Ramón Piñerio de Ensaio

VIGO, LUNS 19 DE XANEIRO DE 2015, 13,30 h A obra "Barthes filósofo", da que é autor Luís García Soto, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2014, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A xuntanza do xurado […]

A Editorial Galaxia, recoñecida como a Mellor Editorial de 2014

O venres foi un día feliz para a nosa Editorial porque fomos coñecendo os resultados das votacións nas distintas categorías dos lectores e lectoras da web Fervenzas Literarias, un dos referentes na Internet do libro galego. Durante algo máis dun mes, os visitantes da páxina puideron participar nunha enquisa que é xa unha das citas […]

Éxito de 'Espantallo amigo' en toda Galicia

Dende o Nadal pasado percorreu o país o espectáculo teatral 'Espantallo amigo' d'Os Quinquilláns Teatro e a Editorial Galaxia. 'Espantallo Amigo' é unha adaptación da obra de Xosé Neira Vilas, dentro do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Alí onde se representou encheuse […]

Un artigo de Benxamín Casal sobre a lingua galega

Nestes días de xaneiro cumpriría oitenta anos. Deixounos hai ano e medio. Hai agora un ano celebrabamos unha homenaxe multitudinaria no Circulo das Artes, en Lugo, a quen foi presidente de Editorial Galaxia dende o ano 2012 ata o seu falecemento, integrado ao Consello de Administración desta casa dende 1986. O seu compromiso coa lingua […]

En Santiago aínda ESTAMOS NO VERÁN!!!

Xoán Curiel e a súa banda "Son +d2" estarán mañá venres 16 de xaneiro no Auditorio de Galicia en Santiago, presentando o seu libro-disco "Estamos no Verán!!!" con dous concertos. O primeiro será ás 10h e o segundo ás 12h. O proxecto musical nace vencellado á primeira novela-disco da literatura galega, asinada, na súa parte […]

Presentación de A BONECA DE BLANCO AMOR en Vigo

A escritora Ledicia Costas e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes acompañarán a María Xosé Queizán na presentación do seu novo libro titulado A BONECA DE BLANCO AMOR. Nesta novela, a autora viguesa retoma dous dos personaxes que forman parte da trama do libro de Blanco Amor, 'A Esmorga'. En definitiva, unha novela […]