Presentación en Santiago de "Máscaras rotas para Sebastian Nell"

A novelista Berta Dávila, o xornalista e crítico Iago Martínez e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, acompañaron a Alberto Ramos na presentación na librería Couceiro, en Santiago de Compostela, de "Máscaras rotas para Sebastian Nell", novela gañadora da última edición do Premio García Barros. Cunha moi numerosa asistencia de lectores e lectoras, […]

A edición de libros creceu en Galicia un 3,1 % no 2014

No pasado 2014 o sector editorial español volveu experimentar un descenso importante, mais, en Galicia, a edición creceu en número de títulos. Concretamente, os datos que nos ofrece a a Axencia do ISBN, que leva conta de todas as referencias aparecidas no ano, que se produciu unha redución do 2,5 % con respecto ao ano […]

Presentación do novo libro de Alberto Ramos en Santiago

Mañá mércores, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase a nova novela de Alberto Ramos, 'Máscaras rotas para Sebastian Nell' que foi merecente do Premio de novela Manuel García Barros do ano pasado. Intervirán no acto, ademáis do autor, Berta Davila, Iago Martínez e Victor F. Freixanes. No seu día, o xurado do premio destacou da […]

Constitución do padroado da Fundación Blanco Amor, na Deputación de Ourense

O padroado da Fundación Eduardo Blanco Amor celebrou onte na Deputación de Ourense a súa reunión constitutiva, na que se aprobaron os estatutos da fundación, que recollen as atribucións e obrigas do padroado, o réxime económico da fundación, os aspectos legais e os fins e beneficiarios da mesma. Os patróns da fundación son: a Deputación […]

Estrease en Istambul unha obra teatral baseada no 'Made in Galiza'

Ven de estrearse em Istambul a obra "Merheba", unha adaptación teatral do libro "Made in Galiza", de Séchu Sende. Dirixida por Mehmet Atak, a obra é umha adaptación da tradución realizada por Irfan Guler e Pepa Baamonde e publicada pola editorial curda Avesta e combina humor e traxedia para tratar a situación das linguas minorizadas […]

Francisco Mantecón. Paixón e cálculo

Estes días arrancou en Vigo a retrospectiva dun dos nosos artistas e deseñadores fundamentais de finais do século XX, Francisco Mantecón (Vigo, 1948–2001). Poderá verse tamén na Fundación Luis Seoane, A Coruña, durante o verán do 2015. Con motivo desta mostra, a Editorial Galaxia publica un libro con textos dos seguintes autores sobre a obra […]

As Maimiñas na inauguración da ludoteca municipal de Mos

Este sábado 24 de xaneiro ás 12.15 horas, As Maimiñas estarán en concerto na inaguración da nova Ludoteca Municipal do Concello de Mos. Moi probablemente interpretarán algunhas das cancións incluídas no seu primeiro libro-disco publicado na nosa colección Sonárbore e do que vos deixamos unha mostra na ligazón á dereita destas liñas.

Ramón Rozas

Se cada libro que asina Xabier López é unha sorte de combate literario coas súas intencións narrativas e o resultado final, neste libro ese combate convértese no motor da súa escrita. Preocúpalle a Xabier López non facer libros semellantes, gusta de hibridar xéneros, de facer que voces diferentes participen da súa proposta para compoñer libros […]