Presentaciónd e Lar – Nai – Pan en Compostela

Coa participación de Xosé Neira Vilas; da actriz Uxía Blanco, que lerá uns textos que elixiu o autor e que acompañan o CD que acompaña o libro; de Victor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; e de Mónica Places, membo da directiva da Agrupación Cultural O Galo. O volume contén tres breves que se publicaron […]

Presentación de FEITIZO DE SANGUE en Vigo

A escritora Sabela González presentará o seu libro FEITIZO DE SANGUE, segunda parte da triloxía AS CRÓNICAS DE LANDEREINA o vindeiro martes 10 de febreiro ás 20 horas acompañada do escritor e editor Francisco Castro. Cando hai dous veráns saiu do prelo BÁGOA DE LÚA, de Sabela González, libro que inaugurou a triloxía fantástica AS […]

Celebrando a Xosé Mª Álvarez Blázquez

Nun salón ateigado con case medio cento de mozos e mozas do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo, o pasado venres, ás doce da mañá, na Casa Galega da Cultura, tivo lugar un acto académico-escolar organizado pola Fundación Penzol para conmemorar o centenario do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985). No mesmo contouse […]

Chega ás librerías a décima edición do Made in Galiza de Séchu Sende

Made in Galiza chega á súa décima edición despois de engailor o público galego coa súa procura da fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que […]

Nos cen anos de Xosé María Álvarez Blázquez

Onte 4 de febreiro, cumpríronse cen anos do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915- Vigo, 1983), o escritor, libreiro, editor, mestre, arqueólogo, investigador, e moitas cousas máis, pero sobre todo galeguista, "galeguista de aceiro e pedra fina", tal que del ten dito Darío Xohán Cabana. Do seu inxente labor, ademais das numerosas obras […]

Publicamos FEITIZO DE SANGUE de Sabela González

Cando hai dous veráns saiu do prelo BÁGOA DE LÚA, de Sabela González, libro que inaugurou a triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA foron moitos os lectores e lectoras que, dende o primeiro instante, comezaron a reclamar a continuación da historia. Por iso ao pouco tempo tivemos xa que reeditar. FEITIZO DE SANGUE, esa esperada […]

Xa está nas librerías o Grial 204, adicado ao cinema galego

As súas posibilidades como industria cultural, as súas alternativas, as súas necesidades e conquistas, as súas grandes e pequenas realidades, mesmo o seu futuro… Apuntamos, neste último número de Grial, algunhas cuestións que consideramos fundamentais, non só para o cine de noso senón para a propia cultura galega no presente. Como ben dicía Carlos Velo […]

O RUÍDO de Miguel Anxo Murado volve ás librerías

Nos anos 90, o libro de Miguel Anxo Murado, RUÍDO. RELATOS DE GUERRA converteuse nun dos textos máis importantes desa década na literatura galega. O autor, afeito a viaxar, polo seu traballo de correspondente de guerra, a zonas de conflito, deitou a súa ollada, dende a literatura, á guerra dos Balcáns. Moitos anos despois, e […]