O RUÍDO de Miguel Anxo Murado volve ás librerías

Categoría: Nova

Nos anos 90, o libro de Miguel Anxo Murado, RUÍDO. RELATOS DE GUERRA converteuse nun dos textos máis importantes desa década na literatura galega. O autor, afeito a viaxar, polo seu traballo de correspondente de guerra, a zonas de conflito, deitou a súa ollada, dende a literatura, á guerra dos Balcáns. Moitos anos despois, e reedición tras reedición, o libro continúa sendo tristemente actual. O mundo sigue enzoupado en guerras, o medo dos civís sigue sendo idéntico, aínda que agora sexa en Siria, a violencia, idéntica, aínda que sexa protagonizada polos radicalismos máis feroces.
O libro sae agora nunha nova edición. Pero coa mesma forza e lucidez literaria e poética que hai vinte anos.

Compartir na redes sociais: